Sunday 12 de May de 2024

O Concello de Frades prosegue cos Xoves de Praia durante todo o mes de agosto


As persoas interesadas en participar poden solicitar praza como moi tarde o martes anterior a cada saída

O Concello de Frades prosegue durante este mes de agosto coas saídas do programa ‘Xoves de Praia’, que xa en xullo levou cada semana unha media de cincuenta persoas cada semana ao areal de Barraña, en Boiro, escollido polas súas boas condicións para o baño e de sombra para as persoas maiores e infancia, usuarias máis habituais deste programa.

Así pois, as vindeiras saídas en autobús terán lugar os días 9, 16, 23 e 30 de agosto. As persoas interesadas en participar poden anotarse no Concello como moi tarde ata o martes previo a cada saída. O prezo é de 7 euros por xornada, que no caso de nenos de ata doce anos de idade quedan en 5 euros por día. Deben pagarse no momento da inscrición. As persoas empadroadas en Frades teñen preferencia de praza sobre as non empadroadas, para as que ademais o prezo é de 10 euros por día.